A avaliación da materia neste centro será preferentemente continua. Para ser avaliado mediante o sistema de avaliación continuo é necesario que o alumno acade un rendemento satisfactorio mínimo en cada unha das probas realizadas. Estas probas poderán ser de diverso tipo (probas orais, resposta escrita). Cada ano, a traverso dos contidos do programa docente incluídos na Plataforma Tema, indicarase a cualificación mínima para continuar no sistema de avaliación continua. Os alumnos que non sexan avaliados mediante o sistema de avaliación continuo (ou que non superaron satisfactoriamente este) poderán ser avaliados mediante un exame final. O exame final correspondente á primeira e segunda convocatoria seguirá o mesmo modelo e criterios de cualificación que o empregado nas "probas de resposta curta" empreagados ó longo do sistema de avaliación continuo. Os estudantes que non participen na avaliación continua nin no examen final, figurarán nas actas como non presentados. As datas e horarios das probas de avaliación das diferentes convocatorias son as especificadas no calendario de probas de avaliación aprobado pola Xunta de Centro para o curso 2017-2018. Neste centro, no caso de conflito ou disparidade entre as datas dos exames, prevalecerán as sinaladas na páxina web da FCETOU. |