O obxectivo xeral da materia é o de obter unha visión global da economía en xeral e da microeconomía en particular. Para iso, analizarase o funcionamento dos mercados e o comportamento dos axentes económicos que nel interveñen.
En concreto, ofreceráselle ao alumnado unha perspectiva dos mercados e dos axentes desde o punto de vista de equilibrio parcial, tanto nun contexto de competencia perfecta como nun contexto de competencia imperfecta. Analizarase, tamén, o papel do estado na formulación da política económica.