1. Primeira oportunidade:
O alumno terá a oportunidade de ser avaliado polo sistema de avaliación continua ou polo sistema de avaliación final.
AVALIACIÓN CONTINUA:
Que alumnos poden someterse ao sistema de avaliación continua? Unicamente poderán someterse ao sistema de avaliación continua quen realice as dúas probas tipo test de contido teórico, a proba de resolución de caso práctico e o proxecto ou traballo en grupo e de acordo coas instrucións do profesor.
En que consistirá a avaliación polo sistema de avaliación continua? Realizaranse as seguintes probas:
1. Dous probas tipo test nas datas fixadas polo profesor. Estas probas terán un contido teórico. A nota media de ambas constituirá o 50% da cualificación final.
2. Unha proba de resolución de caso práctico na data e hora aprobada pola Xunta da Facultade. A nota desta proba constituirá o 30% da cualificación final.
3. A realización e presentación dun proxecto ou traballo en grupo e de acordo coas instrucións do profesor. O proxecto ou traballo presentarase na data fixada polo profesor. A nota desta actividade constituirá o 20% da cualificación final.
Para superar a materia polo sistema de avaliación continua, sera necesario obter unha cualificación mínima de 5 puntos sobre 10 nas dúas probas teóricas, na proba de resolución de caso práctico e no proxecto ou traballo en grupo.
AVALIACIÓN FINAL:
Que alumnos poden someterse ao sistema de avaliación final? Poden someterse ao sistema de avaliación final os alumnos que non se presentaron á totalidade das probas previstas para o sistema de avaliación continua.
En que consistirá a avaliación polo sistema de avaliación final? Realizaranse as seguintes probas:
1. Unha proba tipo test na datas e hora aprobada pola Xunta de Facultade. Esta proba terá un contido teórico e a nota obtida na mesma constituirá o 50% da cualificación final.
2. Unha proba de resolución de caso práctico na data e hora aprobada pola Xunta de Facultade. A nota desta proba constituirá o 50% da cualificación final.
Para superar a materia polo sistema de avaliación final, sera necesario obter unha cualificación mínima de 5 puntos sobre 10 na proba teórica e na proba de resolución de caso práctico .
2. Segunda oportunidade:
Realizaranse as seguintes probas:
1. Unha proba tipo test na data e hora aprobada pola Xunta de Facultade. Esta proba terá un contido teórico e a nota obtida na mesma constituirá o 50% da cualificación final.
2. Unha proba de resolución de caso práctico na data e hora aprobada pola Xunta de Facultade. A nota desta proba constituirá o 50% da cualificación final.
Para superar a materia polo sistema de avaliación final, sera necesario obter unha cualificación mínima de 5 puntos sobre 10 na proba teórica e na proba de resolución de caso práctico
3. Convocatoria fin de carreira:
Realizaranse as seguintes probas:
1. Unha proba tipo test na datas e hora aprobada pola Xunta de Facultade. Esta proba terá un contido teórico e a nota obtida na mesma constituirá o 50% da cualificación final.
2. Unha proba de resolución de caso práctico na data e hora aprobada pola Xunta de Facultade. A nota desta proba constituirá o 50% da cualificación final.
Para superar a materia polo sistema de avaliación final, sera necesario obter unha cualificación mínima de 5 puntos sobre 10 na proba teórica e na proba de resolución de caso práctico
As datas e horarios das probas de avaliación das diferentes convocatorias son as especificadas no calendario de probas de avaliación aprobado pola Xunta de Facultade para ou curso 2017-18. |