Probas de resposta longa, de desenvolvemento |
Os alumnos responderán por escrito un exame sobre o temario desenvolvido ao longo do curso, que conterá dous ou máis preguntas de desenvolvemento longo, sobre os máis importantes sistemas xurídicos imperantes no mundo actual.
Resultado de aprendizaxe: coñecemento comparativo da diferencia entre os dous grandes sistemas xurídicos que existen na actualidade, o anglosaxón e o continental ao que pertence España- con incidencia especial no Common Law, tanto o inglés como o norteamericano. |
50 |
A1 A2 A4 A5
|
B1 B2
|
C79
|
D2 D3 D4
|
Probas prácticas, de execución de tarefas reais e/ou simuladas. |
Avaliación do estudo intensivo de determinados temas. Discusión, participación e elaboración de documentos e conclusións, sobre o sistema xurídico do Common Law, tanto o inglés como o norteamericano,
Resultado de aprendizaxe: coñecemento comparativo da diferencia entre os dous grandes sistemas xurídicos que existen na actualidade, o anglosaxón, e o continental ao que pertence España- con incidencia especial no Common Law, tanto o inglés como o norteamericano. |
50 |
A2 A3
|
B4
|
C79
|
D3
|
Segunda convocatoria e exame fin de carreira: un único exame escrito que dá dereito a acceder ao 100% da nota. Ao exame escrito de primeira convocatoria (50%) súmanlla as cualificacións de sesion maxistral, presentacións ou prácticas, (50%). Os estudantes que acrediten non poder asistir a clase terán dereito a unha proba final, que poderá consistir nunha pregunta longa, varias curtas ou nunha proba tipo test, e tamén nalgún caso práctico, tendo o exame unha valoración dun 100%. Non se gardarán os resultados alcanzados na avaliación continua nos próximos anos. As datas para os exames de Sistemas Xurídicos Contemporáneos son as que fixe a Xunta de Facultade para o curso 2017-2018. |