O alumnado contará con dous titores/as, un na entidade na que se realicen as prácticas e outro de carácter académico, que formará parte do profesorado da titulación. Levarán a cabo tarefas de orientación e resolución de problemas, e elaborarán e entregarán ao alumnado a bibliografía necesaria para a preparación e execución das tarefas e traballos de cada unha das prácticas externas xunto co proxecto formativo específico da práctica. Os recursos para o seguimento que utilizarán os titores/as académicos serán as titorías individuais, o correo electrónico e a aula e-meeting.
Probas
Descrición
Informe de prácticas
Os/as titores/as orientarán ao alumnado na redacción da memoria de prácticas e na elaboración do informe final. Os recursos para o seguimento que utilizarán os titores/as académicos serán as titorías individuais, o correo electrónico e a aula e-meeting.
Universidade de Vigo
|
Rectorado |
Campus Universitario |
C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) |
España |
Tlf: +34 986 812 000