Traballo tutelado |
Presentación e entrega, na data sinalada, dos traballos realizados de xeito individual ou en grupo polo alumnado. Serán expostos o defendidos na aula. Valorarase o marco teórico, contidos, estructura, presentación e capacidade de síntese e análise crítica.
Os resultados de aprendizaxe avaliados son: Elaboración e presentación, oral e escrita, de traballos monográficos, individuais e colectivos, baseados en fontes e bibliografía específicas. |
25 |
A3
|
B3
|
C13
|
D4
|
Seminario |
Presentación, análise e crítica dos materiais traballados nos seminarios. Valorarase a capacidade de traballo, razocinio, fomento e participación no debate.
Os resultados da aprendizaxe avaliados son: Participación en seminarios, previa realización de lecturas, sobre un tema concreto. |
10 |
A4
|
|
C12
|
D5
|
Os/as estudantes que se acollan á modalidade semipresencial poderán seguir a materia do Curso Virtual na plataforma de teledocencia Moodle, da Universidade de Vigo, que permitirá o acceso aos materiais precisos para a adquisición das competencias e consecución dos resultados da aprendizaxe, tanto nos seus contidos teóricos como prácticos. Especificaranse as metodoloxías docentes, as actividades de avaliación, xunto co calendario de entrega (presencial ou remota) que quedará claramente establecido. As actividades que requiran presencialidade serán substituídas por outras que permitan aceder á mesma porcentaxe da nota. O seguimento individualizado da participación do alumno a través das TIC farase a partir das ferramentas propias da plataforma (participación, estatísticas de acceso, realización de probas ou exercicios en liña, etc.).
O estudante deberá cumprir os requisitos mínimos de presencialidade necesarios para a avaliación continua. Así mesmo deberá acudir ás probas que o/s docente/s dispoñan como impresncindibles.
Todos/as os/as alumnos/as matriculados/as na materia teñen dereito a realizar o exame final, no que serán avaliados/as dos contidos do programa (Artigo 12 do Regulamento de Estudantes da Universidade de Vigo). Os/as alumnos/as que non se poidan acollerse á modalidade presencial, serán avaliados dos contidos do programa da materia mediante unha proba escrita, que suporá o 70% da nota final. O 30% restante será completado a través dun traballo obrigatorio sobre os contidos do programa da materia, a convir co docente, que os/as alumnos/as deberán entregar como data límite na fixada para a realización da mentada proba escrita.desta |