Prácticas en aulas informáticas |
A avaliación realizarase mediante a elaboración dun informe, dossier ou memoria de prácticas.
Os resultados da aprendizaxe que serán obxecto de avaliación neste apartado son:
i. Formación para interpretar adecuadamente as sociedades do pasado |
5 |
A3
|
B3 B6
|
C23
|
D1 D5
|
Traballo tutelado |
Elaboración, montaxe e entrega dun traballo persoal de investigación histórica a partir da lectura e análises de fontes documentais.
Os resultados da aprendizaxe que serán obxecto de avaliación neste apartado son:
i. Coñecemento dos métodos para o estudo da estrutura diacrónica dos procesos históricos |
30 |
A2 A3
|
B3 B6
|
C17 C23
|
D5
|
Os/as estudantes que se acollan á modalidade semipresencial poderán seguir a materia a través do Curso Virtual na plataforma de teledocencia Moodle, da Universidade de Vigo, que permitirá o acceso aos materiais precisos para a adquisiciójn das competnecias e consecucion dos resulados da aprendizaxe, tanto nos seus contidos teóricos como prácticos. Especificaranse as metodoloxías docentes, as actividades de avaliación, xunto co calendario de entrega (presencial ou remota) que quedará claramente establecido. As actividades que requiran presencialidade serán substituídas por outras que permitan acceder á mesma procentaxe de nota. O seguimento individualizado da participación do alumno a través das TIC farase a partir das ferramentas propias da plataforma (participación, estatísticas de acceso, realización de probas ou exercicios en liña, etc.).
O estudante deberá cumplir os requisitos mínimos de presencialidade necesarios para a avaliación continua. Así mesmo deberá acudir ás probas que o/s docente/s dispoñan como imprescindibles.
Todos/as os/as estudantes matriculados/as na materia teñen dereito a ser avaliados/as mediante un exame final (artigo 12 do Regulamento de Estudantes da Universidade de Vigo). Os/as alumnos/as que non se poidan acoller á modalidade presencial, serán avaliados dos contidos do programa da materia mediante unha proba escrita na que se incluirán preguntas teóricas ou de desenvolvemento relativas ós conceptos e contidos básicos da mesma, xunto cunha pregunta práctica, que suporá o 70% da súa cualificación final. O 30% restante será completado a través dun traballo obrigatorio sobre os contidos do programa da materia, a convir co docente, que os/as alumnos/as deberán entregar como data límite na fixada para a realización da mentada proba escrita. |