Traballos de aula |
Estas actividades estarán encamiñadas á explicación e resolución de exercicios prácticos na aula en consonancia e en función das clases teóricas: análise e interpretación de materiais gráficos diversos, cadros estatísticos, cálculo de índices e taxas, comentario de audiovisuais e manexo do TIC |
Obradoiro |
Como metodoloxía activa, realizaranse exposicións de traballos bibliográficos elaborados polos alumnos co obxectivo de profundar nas cuestións fundamentais dos temas da materia. Estas sesións darán lugar á participación, discusión e conclusións ás que teñen que chegar os asistentes ao seminario |
Titoría en grupo |
Sesións que manteñe o alumnado co profesorado para o asesoramento do proceso de ensino-aprendizaxe e da súa avaliación |