Aqueles alumnos que non obteñan unha nota mínima de 3 puntos sobre 10 en cada unha das dúas partes de que consta o " exame final escrito", terán, como máximo na acta da materia, unha nota final de 4,5. Para a segunda oportunidade de Xuño-Xullo consérvase a cualificación na avaliación continua obtida durante o propio curso, sen prexuízo de que, do mesmo xeito que na primeira oportunidade de Decembro - Xaneiro,poida ser superada pola realización do exame escrito adicional que se propoña a ese efecto. Cada nova matricula na materia supón unha posta a cero das cualificacións nas actividades de avaliación continua obtida en cursos anteriores. Compromiso ético: Espérase que o alumno presente un comportamento ético adecuado. No caso de detectar un comportamento non ético (copia, plaxio,utilización de aparellos electrónicos non autorizados, por exemplo) considerarase que o alumno non reúne os requisitos necesarios para superar a materia. Neste caso a cualificación global no presente curso académico será de suspenso (0.0). Non se permitirá a utilización de ningún dispositivo electrónico durante as probas de avaliación salvo autorización expresa . O feito de introducir un dispositivo electrónico non autorizado na aula de exame será considerado motivo de non superación da materia no actual curso académico e a cualificación global será de suspenso (0.0). Profesor responsable de grupo: Grupos A1 (teoria e practicas): EDELMIRO MIGUEZ GARCÍA A2 (teoria e practicas): EMILIO GONZÁLEZ ESTÉVEZ |