A calificación da avaliación continua (que denominaremos EC) terá un
peso do 30% da calificación final e incluirá tanto os contidos das
prácticas de laboratorio (peso do 20%, que denominaremos calificación
ECL) como de aula (peso do 10%, que denominaremos calificación ECA). A calificación ECA obterase mediante probas de resposta longa, de desenvolvemento, sobre contidos de aula. La
calificación ECL obterase como a suma da calificación dos
informes/memorias de prácticas e de probas de respuesta longa, de
desenvolvemento. Aqueles alumnos que non podan seguir a avaliación
continua terán a posibilidade de realizar unha proba final escrita para
obter unha calificación REC que terá un peso do 30% da calificación
final e incluirá tanto os contidos das prácticas de laboratorio (peso do
20%, que denominaremos calificación RECL) como de aula (peso do 10%,
que denominaremos calificación RECA). O 70% restante da
calificación final obterase mediante a realización dun exame final que
constará de dúas partes: unha parte teórica (que denominaremos T) que
terá un peso do 30% da calificación final, e outra parte de resolución
de problemas (que denominaremos P) que terá un peso do 40% da
calificación final. A parte teórica constará dunha proba eliminatoria
tipo test (que denominaremos TT) sobre conceptos teóricos fundamentais,
que terá un peso do 10% da calificación final e na que se esixirá unha
calificación mínima do 50%, e outra proba de cuestións teórico-prácticas
de resposta longa (que denominaremos TC), que terá un peso do 20% da
calificación final. Tanto os exames da convocatoria fin de
carreira como os que se realicen en datas e/ou horarios distintos aos
fixados oficialmente polo centro poderán ter un formato de exame
distinto ao detallado anteriormente, aínda que as partes do exame
conserven o mesmo valor na calificación final. Calificación final G da asignatura para a modalidade de avaliación continua: G = ECL +ECA + TT + TC + P, onde TC e P súmanse só se se supera TT. Calificación final G da asignatura para la modalidade de avaliación ao final do cuatrimestre: G = RECL + RECA + TT + TC + P, onde TC e P súmanse só se se supera TT. Profesores responsables de grupos: Grupo A: José Luis Fernández Fernández Grupo B: Verónica Salgueiriño Maceira Grupo C: José Luis Fernández Fernández Grupo D: Verónica Salgueiriño Maceira Grupo G: Jesús Blanco García Grupo H: Jesús Blanco García Grupo I: Fernando Ribas Pérez Grupo J: Fernando Ribas Pérez Grupo K: Fernando Lusquiños Rodríguez Grupo L: Fernando Lusquiños Rodríguez
Compromiso ético: Espérase que o alumno presente un comportamento ético axeitado . No caso de detectar un comportamento non ético (copia, plaxio,
utilización de aparellos electrónicos non autorizados, e outros)
considérase que o alumno non reúne os requisitos necesarios para superar
a materia. Neste caso a cualificación global no actual curso académico
será de suspenso (0.0). Non
se permitirá a utilización de ningún dispositivo electrónico durante as probas
de avaliación agás autorización expresa. O feito de introducir un dispositivo
electrónico non autorizado na aula do exame será considerado motivo de non
superación da materia no presente curso académico e a calificación
global será de suspenso (0.0). |