Valorarase a participación en clase e a resolución por parte do estudante de todos os problemas e/ou exercicios propostos en tempo/condicións establecidas polo profesorado.
25
C2 C10 C11 C12 C13 C19 C20
D1 D4 D7 D8 D9 D14
Prácticas de laboratorio
A asistencia ás clases prácticas é obrigatoria.
O seguimento do traballo de laboratorio será avaliado como APTO/NON APTO. Neste apartado incluiranse os seguintes aspectos: fichas previas, desenvolvemento do traballo experimental, caderno de laboratorio, cuestións. Para superar a materia é imprescindible ser avaliado como APTO.
0
C21 C25 C26 C27 C28
D12 D13 D14 D15
Traballos e proxectos
O estudante elaborará un informe previo á realización dun pequeno proxecto no laboratorio na última semana de prácticas.
15
C20 C23 C25
D1 D4 D5 D9 D14
Probas de resposta curta
Primeira proba: 15%. Abarcará o contido correspondente aos tres primeiros temas.
Segunda proba: 15%. Abarcará o contido correspondente aos tres últimos temas.
Proba escrita da parte experimental: 15%. A realizar polo alumnado que teña acadado a mención de APTO no seguimento do traballo de laboratorio. Nesta proba avaliarase a adquisición, por parte do alumnado, de competencias e destrezas relacionadas cos aspectos experimentais da materia.
Proba global: 15%. Nesta proba avaliarase a adquisición, por parte do alumnado, de competencias e destrezas relacionadas cos aspectos teóricos da materia.
60
C2 C10 C11 C12 C13 C19
D3 D7 D12 D14
Outros comentarios sobre a Avaliación
Para superar a materia en xaneiro será necesario:
Acadar mención de APTO na avaliación do traballo de laboratorio.
Acadar unha cualificación mínima de 3 puntos sobre 10 en cada unha das dúas probas curtas teóricas (primeira proba e segunda proba) e na proba escrita da parte experimental.
Acadar unha cualificación mínima de 4 puntos sobre 10 na proba global.
Se non se cumpre algunha das condicións anteriores, a cualificación que figurará na acta será a cualificación ponderada do apartado de probas.
Acadar unha puntuación mínima de 5.0 na suma ponderada de todos os apartados (resolución de problemas e/ou exercicios, probas de resposta curta, traballos e proxectos).
A participación do
estudante nalgún dos actos de avaliación da materia implicará a condición de
“presentado/a” e, polo tanto, a asignación dunha cualificación. Considéranse
actos de avaliación a asistencia a clases prácticas de laboratorio (25% ou
mais) ou a
entrega de traballos/exercicios encargados polo profesorado (25% ou mais) ou a realización de algunha proba.
Alumnado de 2ª e posteriores matrículas. A aqueles estudantes que aprobaron as prácticas de laboratorio nos cursos 2014-15 ou 2015-16 outorgaráselles mención de APTO no seguimento do traballo de laboratorio no curso académico 2016-17, non sendo necesaria a realización do traballo experimental novamente. Con todo, deberán realizar o informe do proxecto (15%) e a proba escrita da parte experimental (15%) para conseguir a cualificación correspondente á parte experimental da materia no curso académico 2016-17.
AVALIACIÓN EN XULLO
Poderá recuperarse o 45% do apartado Probas de resposta curta, do seguinte xeito:
Probas (30%). Realizarase unha proba global na que se avaliarán as competencias adquiridas nos aspectos teóricos da materia. Deberá acadarse unha cualificación mínima de 4 puntos sobre 10 para que se teña en conta o resultado desta proba na cualificación global da materia. Este resultado substituirá ás dúas peores cualificacións das tres probas teóricas realizadas durante o cuadrimestre (primeira proba, segunda proba e proba global), conservándose a cualificación mais alta das tres, sempre que supere o mínimo esixido.
Proba escrita da parte experimental (15%). Deberá acadarse unha cualificación mínima de 3 puntos sobre 10. A nova cualificación substituirá á acadada na proba escrita da parte experimental de fin de cuadrimestre.
A cualificación final será a suma ponderada de todos os apartados (resolución de problemas e/ou exercicios, probas de resposta curta, traballos e proxectos), sempre que se superen os mínimos esixidos. De non ser o caso, a cualificación que figurará na acta será a cualificación ponderada do apartado de probas. No caso de que esta cualificación sexa inferior á obtida na avaliación de fin de cuadrimestre, a cualificación que figurará na acta será esta última.
Universidade de Vigo
|
Reitoría |
Campus Universitario |
C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) |
España |
Tlf: +34 986 812 000