Seminarios |
Cada semana dedicaranse dúas horas á resolución, por parte do alumnado, dalgúns dos problemas ou exercicios propostos relacionados coa materia. Alguns destes exercicios ou algún outro proposto poderán ser entregados para a súa cualificación. Ademais da resolución correcta dos problemas valorarase o adecuado uso da língua e o manexo das matemáticas, incluíndo a análise de erros, a correcta estimación de ordes de magnitude,o uso de unidades e os modos de presentación de datos. |
Resolución de problemas e/ou exercicios |
Os boletíns de problemas deberán ser resoltos polos estudantes, coa axuda, no caso de ser precisa, do profesorado, ben nos seminarios, ben nas titorías personalizadas. Estes boletíns poderan ser entregados nas datas fixadas ao efecto si o profesorado o solicitase. Ademais da resolución correcta dos problemas valorarase o adecuado uso da língua e o manexo das matemáticas, incluíndo a análise de erros, a correcta estimación de ordes de magnitude,o uso de unidades e os modos de presentación de datos. |