Á asistencia a máis de dúas sesións de laboratorio implica que o alumno xa está sendo avaliado, polo que, a súa cualificación na acta non poderá ser non presentado. É
necesario obter unha nota mínima de 4 sobre 10 en cada un dos apartados da avaliación para poder facer media; no apartado "informes" será necesario, asimesmo, obter
unha nota mínima de 4 sobre 10 nos informes das materias de cada unha das
áreas que os avalíen; todo o anterior aplicaráse tamén a segunda convocatoria.
No caso de non superar a materia, a cualificación na acta será a nota ponderada da proba práctica de laboratorio. Na
segunda convocatoria a avaliación levaráse a cabo do seguinte modo: Conservaráse
a puntuación acadada polo alumno durante o curso no apartado "prácticas de
laboratorio" (40%), non recuperable. No
caso de non haber obtido a nota mínima esixida nalgún dos restantes apartados
poderánse recuperar os seguintes: 1)
"Proba de resposta curta" (20%); a data do examen será a que fixe o calendario oficial. 2)
"Proba práctica" (30%); a data do examen será a que fixe o
calendario oficial. 3)
"Informes de prácticas" (10%); entregaránse con antelación a data oficial do
examen dacordo cas indicacións do profesorado. A
cualificación final será a suma das notas de todos os apartados sempre que se superen
os mínimos esixidos. De non ser o caso, a cualificación que figurará na acta
será a nota ponderada da proba práctica (dita nota non poderá ser inferior a da primeira
convocatoria). |