Probas de resposta longa, de desenvolvemento |
Exame final dos contidos da materia, que poderá incluír problemas e exercicios, cunha puntuación entre 0 e 10 puntos.
Resultados de aprendizaxe avaliados: Todos |
75 |
|
|
C8
|
D5 D12
|
Realizarase unha avaliación continua do traballo do alumnado nas prácticas ao longo das sesións de laboratorio establecidas no cuadrimestre, sendo a asistencia ás mesmas de carácter obrigatorio. No caso de non superala, realizarase un exame de prácticas na segunda convocatoria.Poderanse esixir requisitos previos para a realización de cada práctica de laboratorio.A avaliación das prácticas para o alumnado que renuncie oficialmente á Avaliación Continua realizarase nun exame de prácticas nas dúas convocatorias.Deberán superarse ambas as partes (proba escrita e prácticas) para aprobar a materia, obténdose a nota total segundo a porcentaxe indicada anteriormente. No caso de non superar as dúas ou algunha das partes, poderase aplicar un escalado das notas parciais de forma que a nota total non supere o 4.5. No exame final poderase establecer unha puntuación mínima nun conxunto de cuestións para superar o mesmo. Na segunda convocatoria do mesmo curso, o alumnado deberá examinarse das partes non superadas na primeira convocatoria, cos mesmos criterios daquela.Calendario de exames: esta información poderá consultarse na páxina web do centro:http://etseminas.webs.uvigo.es/ De acordo co calendario aprobado pola xunta de centro, serán o 26 de xaneiro (convocatoria ordinaria) e o 7 de xullo (convocatoria extraordinaria). |