Saídas de estudo/prácticas de campo |
Procurarase facer -dependendo da dispoñibilidade orzamentaria do Centro- unha visita a un parque eólico e outra a unha instalación fotovoltaica. |
Resolución de problemas e/ou exercicios |
Intercalaranse coas clases de aula en función do tema a tratar en cada momento. |
Presentacións/exposicións |
É posible que os alumnos teñan que preparar un tema relacionado coa materia -asignado polo profesor da materia- e, dependendo do número de alumnos, facer ao final do semestre unha breve exposición pública do mesmo con quenda de preguntas incluído. |
Resolución de problemas e/ou exercicios de forma autónoma |
Poderán exporse polo profesor da materia e, o que queira, poderá tentar resolvelos individualmente para comprobar se entendeu ou non os coñecementos teóricos expostos na aula. |