A materia Seguridade Social I ten por finalidade o coñecemento da formación e evolución da Seguridade Social en España, da sua financiación, fontes do Dereito da Seguridade Social, xestión e estructura, ámbitos subxectivo e obxectivo de aplicación da Seguridade Social e da súa progresiva ampliación, das continxencias comúns e profesionais, obxecto de cobertura e protección e os denominados actos de encadramento. Consecuentemente se prantexarán supostos sobre ámbito de aplicación e estructura, inscripción, afiliación e altas, cotización, accidentes de traballo e enfermedades profesionais, recadación, responsabilidade en atención ás prestacións etc.