A materia "Dereito Financeiro e Tributario II" impártese en 4º Curso do Grao en Dereito, e constitúe a denominada "Parte especial" do Dereito tributario".
O seu contido céntrase na análise xurídica dos diferentes tributos que conforman o sistema tributario español nos tres niveles de organización territorial: estatal, autonómico e local.
Esta materia aborda o estudo dos tributos en articular, polo que é necesario que o alumno coñeza as institucións fundamentais do Dereito privado e do Dereito público que lle permitan comprender a tributación de determinados contratos civís, mercantís, laborais ou administrativos.
Ademais, é imprescindible que o estudante superase a materia "Dereito financeiro e tributario I", de 3º Curso, xa que a completa comprensión da materia complétase coa mencionada materia.