Probas de resposta curta |
Ao longo do cuatrimestre realizaranse nas datas indicadas na planificación docente 2 probas de resposta curta de carácter eliminatorio. |
50 |
|
|
C8 C11 C12 C13
|
D1 D2 D7
|
Na materia Tutela Procesal do Crédito seguiranse dous sistemas de avaliación, tanto na primeira convocatoria (maio/xuño) como na segunda (xullo): avaliación continua ou exame final.
1º.- AVALIACIÓN CONTINUA.
O sistema de avaliación continua consistirá en:
a) 2 probas teóricas de resposta curta de carácter eliminatorio, que se realizarán nas datas indicadas na planificación docente que se proporcionará aos alumnos ao comezo de curso; a nota media obtida nestas probas representará o 50% da cualificación final.
b) 1 proba práctica escrita, que se realizará na data fixada no calendario oficial de exames e que representará o 50% da cualificación final. Para poder superar a materia, é necesario obter nesta proba práctica polo menos un 4 sobre 10.
Notas importantes:
a) Para ser evaluado conforme ao sistema de avaliación continua, o/a alumno/a deberá realizar a proba práctica escrita e, polo menos, unha das probas teóricas de resposta curta. /h4>
b) Os/as alumnos/as que sigan o sistema de avaliación continua e que non superen a materia na primeira convocatoria (maio/xuño), de face á segunda convocatoria (xullo) poderán optar por:
- Que se lles manteña a cualificación obtida nas probas de resposta curta e na proba práctica realizadas durante o curso, nese caso o exame consistiría nunha proba teórica escrita sobre toda a materia. En tal caso, a nota media das probas de resposta curta e da proba práctica representaría o 50% da nota final, e a proba teórica escrita, o outro 50%.
- Facer un exame final nos términos que se indican a continuación.
2º.- EXAME FINAL.
Os/as alumnos que decidan non seguir o sistema de avaliación continua ou que non realicen as actividades necesarias para ser evaludados conforme a este sistema, serán evaluados cun exame final, que se realizará na data fixada no calendario oficial de exames e que constará de:
a) Unha proba práctica escrita consistente no estudo dun caso. Esta proba práctica representará o 30% da cualificación final.
b) Unha proba teórica escrita sobre toda a materia, que representará o 70% da cualificación final.
Nota importante: para poder superar a materia a través do exame final, o/a alumno/a terá que superar as dúas partes do exame. É dicir, na proba práctica, terá que obter polo menos un 1,5 sobre 3; e, na proba teórica, un 3,5 sobre 7.
3º.- CONVOCATORIA DE FIN DE CARREIRA.
Na convocatoria de fin de carreira, os/as alumnos/as serán evaluados mediante un exame final nos términos expostos anteriormente, que supoñerá o 100% da cualificación final.
As datas e horarios das probas de avaliación das diferentes convocatorias son as especificadas no calendario de probas de avaliación aprobado pola Xunta de Facultade para o curso 2015-16
|