Guia docente 2016_17
Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo
Grao en Dereito
 Materias
  Dereito marítimo
   Competencias
Código Descrición
A1 Que os estudantes demostren posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral e adoita atoparse a un nivel que, malia se apoiar en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo.
A2 Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ó seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
A3 Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
A4 Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solución a un público tanto especializado coma non especializado.
A5 Que os estudantes desenvolvan aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía.
C2 Coñecer a función do Dereito como sistema regulador das relacións sociais
C6 Coñecer as distintas manifestacións do Dereito na súa evolución histórica e na súa realidade actual
C11 Ser quen de identificar problemas xurídicos e abordar a súa solución de modo interdisciplinar
D6 Resolver problemas de forma eficaz
D8 Traballar de forma autónoma con iniciativa
D9 Traballar de forma cooperativa
D12 Comunicarse de xeito efectivo nun entorno de traballo (habilidades nas relacións interpersoais)
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000