Guia docente 2016_17
Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo
Grao en Dereito
 Materias
  Dereito administrativo económico
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Estudo de casos/análises de situacións Resolución de probas nos que se formule unha situación ou problemática xa dada ou que poida darse, partindo dos diferentes factores involucrados a análise dos antecedentes, condicións, da situación, etc. Ditos casos serán defendidos nas clases. 30 C9
C11
C12
D1
D6
Sesión maxistral A asistencia terá carácter obrigatorio de optar polo sistema de avaliación continua. Esta asistencia abranguerá asemesmo as clases prácticas 10 C9
C11
C12
D1
Probas de resposta curta Probas para avaliación das competencias adquiridas que inclúen preguntas directas sobre un aspecto concreto. Os alumnos deben responder de xeito directo e breve sobre a base dos coñecementos que teñen sobre a materia. 60 C9
C11
C12
D1
D6
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

O inicio do curso o alumno poderá optar de forma expresa polo sistema de avaliación continua ou polo sistema de proba final formalizando a opción nun documento que lle entregará o profesor.

 

Primeira convocatoria de exame (maio)

Os alumnos que optasen polo sistema de avaliación continua, que supón a asistencia regular a clases tanto as correspondentes a sesións maxistrais coma as de carácter práctico, a resolución de casos e a participación nas prácticas propostas polo profesor, serán calificados cunha porcentaxe do 30%  nos casos prácticos, o 10% como asistencia e sendo o 60% restante a nota da proba final. 

Os alumnos que se decantasen pola proba final serán calificados, única y exclusivamente, pola devandita proba de preguntas curtas a desenvolver (100% da nota).

 

Segunda convocatoria de exame (xullo)

Os alumnos do sistema de avaliación continua reservarase a calificación da devandita avaliación (asistencia, casos e prácticas) e, polo tanto, a proba final de preguntas curtas a desenvolver que deberán realizar puntuarase co 60% da nota. A nota final obterase da suma da nota da avaliación continua do curso e a da nota da nova proba final.

Convocatoria fin de carreira

O 100% da nota obterase da realización dunha proba final de preguntas curtas a desenvolver

 

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000