Guia docente 2016_17
Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo
Grao en Dereito
 Materias
  Dereito penal de empresa
   Competencias
Código Descrición
A2 Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ó seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
A3 Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
A4 Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solución a un público tanto especializado coma non especializado.
C3 Comprender o carácter unitario do ordenamento xurídico
C8 Ser quen de argumentar xuridicamente
C9 Ser quen de utilizar os principios e valores constitucionais como ferramenta de traballo da interpretación do dereito e desenvolver dialéctica xurídica
C11 Ser quen de identificar problemas xurídicos e abordar a súa solución de modo interdisciplinar
C12 Ser quen de manexar fontes xurídicas
C14 Ser quen de comprender e de redactar documentos xurídicos
C15 Ser quen de manexar a oratoria xurídica
D1 Capacidade de síntese e análise
D2 Capacidade de aprender
D3 Capacidade de xestión da información
D7 Aplicar pensamento crítico, lóxico e creativo
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000