O propósito principal desta materia é formar ao estudante no deseño e caracterización dos sistemas de instrumentación electrónica baseados en sensores intelixentes, con diferentes capacidades de conexión, tanto por topoloxías canleadas como inarámicas.
Os contidos principais ordénanse da seguinte forma:
+ Análise das principais arquitecturas de sensores intelixentes capaces de incorporar sistemas multisensoriales, co obxectivo de cubrir os máis diversos ámbitos de aplicación.
+ Estudo dos estándares que os fabricantes de microelectrónica aplican ao deseño dos sensores intelixentes máis avanzados.
+ Saber analizar e deseñar sistemas de sensores intelixentes eficientes en consumo e captación de enerxía.
+ Coñecer ferramentas software e plataformas hardware para o deseño dos sistemas de sensores intelixentes.
+ Coñecer as normas de buses canleados nos diferentes ámbitos de aplicación tales como: domótica, inmótica, automóbil, plantas industriais, robótica, e vehículos autónomos de terra, mar, aire e espazo.
+ Coñecer as normas de redes inarámicas nos diferentes ámbitos de aplicación tales como: domótica,
inmótica, automóbil, plantas industriais, robótica, e vehículos autónomos de terra, mar, aire e espazo.
O obxectivo fundamental da parte práctica da materia é que o alumno adquira as bases para un correcto manexo das ferramentas de software, e as plataformas de hardware específicas do ámbito dos sensores intelixentes. O alumno, ao finalizar a materia, debe coñecer e saber manexar correctamente os instrumentos de laboratorio, debe distinguir e caracterizar os diferentes compoñentes dos sistemas canleados e inarámicos de sensores intelixentes, e ter habilidades prácticas na montaxe e medida.