Guia docente 2016_17
Escola de Enxeñaría de Telecomunicación
Grao en Enxeñaría de Tecnoloxías de Telecomunicación
 Materias
  Tecnoloxía multimedia e computer graphics
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Sesión maxistral Son só algunhas clases nas que se introducen conceptos e/ou se explican coñecementos interesantes de aprender. Nestas clases facemos unha explicación introductoria e logo dáselles un material (apuntamentos) que eles traballan mediante a técnica do quebracabezas. En cada tema que traballamos así créanse de novo os grupos. A continuación faise un pequeno exame a un membro, escollido aleatoriamente, de cada grupo. A nota obtida por ese alumno é a que se aplica a todos os do grupo. Isto reforza o compromiso entre eles pois é necesario que todos aprendan. O total destas probas supoñen un 25% da nota final.
A asistencia á clase na avaliación continua é obrigatoria, salvo circunstancias excepcionais. A falta de asistencia, con este sistema de traballo, complica moito tanto a aprendizaxe como a avaliación.
Con esta metodoloxía trabállanse as competencias CG3, CG9, CG12 e CT4.
Prácticas en aulas de informática Son a parte principal do curso. A asistencia a clase é obrigatoria pois nelas faise un seguimento do traballo que realiza o alumno. Nestas prácticas usan Blender e, fundamentalmente, Unity 3d cos que en paralelo van realizando o traballo tutelado de creación dunha aplicación multimedia.
A realización desta aplicación multimedia e a súa presentación na clase supón o 65% da súa nota final.
Con esta metodoloxía trabállanse as competencias CG9, CG12 E CE74, así como as CT3 e CT4.
Traballos tutelados En grupos de 2 ou 3 alumnos, realizan varios traballos ao longo do cuadrimestre. Algúns están centrados na aprendizaxe dos conceptos teóricos explicados nas sesións maxistrais e un, mais grande e que dura todo o cuadrimestre, consiste na creación dun pequeno xogo con Unity 3D usando deseños realizados en Blender. Fanse en grupo, na aula de prácticas e en traballo fóre da aula. Son o elemento fundamental do curso.
Con esta metodoloxía trabállanse as competencias CG9, CG12 E CE74, así como as CT3 e CT4.
Presentacións/exposicións Fan duas presentacions: unha en canto foron capaces de definir cal vai ser a aplicación multimedia que van a facer, e outra ao final onde a presentan xa acabada e funcionando.
A presentación final é longa, pero as anteriores son moi breves. O que se busca é que todos saiban o que están a facer os seus compañeiros. Nestas presentacións tamén se aclaran moitas dúbidas entre eles.
Na presentación final cada grupo atoavalíase e avalía aos outros grupos seguindo unha rúbrica.
Con esta metodoloxía trabállanse as competencias CG12 e CT4.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000