Seguindo as directrices propias da titulación ofreceráselle ao alumnado que curse esta materia dous sistemas de avaliación: avaliación continua e avaliación mediante un exame final. 1.- Avaliación continua A avaliación da materia realízase mediante unha avaliación continua, consistente nun exame teórico e na entrega de dous traballos teórico-prácticos (proxectos). No entanto, tamén se recolle como alternativa a posibilidade de realizar un exame final. O exame teórico incluirá os contidos dos tres primeiros temas da materia e realizarase en horas de clase (horas tipo A). O peso deste exame será de 2 puntos sobre 10. O primeiro traballo teórico-práctico incluirá os contidos dos temas 1 ao 5. Consistirá no deseño dun sistema básico de procesado de sinal e realizarase en horas de laboratorio (horas tipo B) en grupos de dous ou mais estudantes. Como resultado do traballo entregarase unha memoria. O peso desta avaliación é de 3,5 puntos sobre 10. O segundo traballo teórico-práctico incluirá os contidos dos temas 6 ao 8. Este traballo realizarase en horas de laboratorio (horas tipo B) en grupos de dous ou mais estudantes. Como resultado do traballo entregarase unha memoria e posteriormente farase unha presentación do mesmo en horas de grupo C. O peso desta avaliación é de 4,5 puntos sobre 10 (3,5 corresponden á execución e documentación do proxecto e 1 punto á presentación). En ambos os traballos teórico-prácticos aos alumnos asignaránselles tarefas individuais e conxuntas. As tarefas individuais terán un peso do 60% da nota do traballo e as conxuntas o 40%. A nota correspondente ao 40% será a mesma para todos os integrantes do grupo. A cualificación final da materia será a suma das tres avaliacións. Para aprobar a materia débense cumprir as seguintes condicións: - Obter un mínimo de 5 puntos sobre 10 na avaliación global. - Obter un mínimo do 40% da nota máxima de cada unha das actividades avaliadas. O alumnado que non supere algunha das avaliacións deberá presentarse á parte do exame final que corresponda. Do mesmo xeito, as e os estudantes que queiran mellorar a nota obtida nalgunha das avaliacións poderán presentarse a devandito exame final. No caso de que un alumno non obteña o mínimo do 40% da nota máxima nalgunha das tres actividades avaliadas, pero si supere o mínimo de 5 puntos sobre 10 na avaliación global, considerase que o alumno está suspenso e a nota que figurará na acta será 4,5 puntos. Enténdese que a alumna ou alumnno opta por avaliación continua se realiza as dúas primeiras prácticas de laboratorio e dende ese momento considérase que se presentou á convocatoria. 2.- Avaliación mediante o exame final. O exame final constará das mesmas actividades avaliativas que se recollen na avaliación continua. Isto significa que na data prevista para o exame final o alumnado que non optase pola avaliación continua deberá realizar o exame teórico dos temas 1 ao 3 da materia e entregar as memorias dos dous traballos teórico-prácticos equivalentes aos que se realizan na avaliación continua. Os devanditos traballos presentaranse na semana seguinte á entrega. Tal como se indicou anteriormente, os e as estudantes que opten pola avaliación continua e non superen algunha das actividades avaliativas ou queiran mellorar a súa nota tamén se poderán presentar ao exame final só coa parte ou partes que consideren. Neste caso a cualificación será a nota máis alta entre a do exame final e a de avaliación continua. 3.- Avaliación extraordinaria (Xuño - Xullo) O exame da avaliación extraordinaria constará de dous partes, un exame teórico de todos os temas da materia e un exame práctico. Cada un de dúas horas de duración. O exame teórico poderá incluír preguntas de resposta curta, problemas, e/ou exercicios de deseño de sistemas. O exame práctico consistirá na proba final en hardware (utilizando unha placa de desenvolvemento de FPGAs) dun sistema que o alumno deberá deseñar e simular previamente de forma autónoma. O contido do traballo indicaráselle ao alumno ao comezo do segundo cuadrimestre do curso. Unha semana antes da data que se estableza para o exame extraordinario o alumno deberá entregar unha memoria do traballo realizado e os resultados de simulación. Durante o exame práctico o alumno validará o sistema deseñado no hardware. Cada unha das partes do exame extraordinario (exame teórico e exame práctico) terá un peso do 50% da nota final. A cualificación final da materia será a suma das dúas avaliacións. Para aprobar a materia débense cumprir as seguintes condicións: - Obter un mínimo de 5 puntos sobre 10 na avaliación global. - Obter un mínimo do 40% da nota máxima de cada unha das actividades avaliadas. No caso de que un alumno non obteña o mínimo do 40% da nota máxima nalgunha das tres actividades avaliadas, pero si supere o mínimo de 5 puntos sobre 10 na avaliación global, considerase que o alumno está suspenso e a nota que figurará na acta será 4,5 puntos. 4.- Outros comentarios - Os exames realizaranse en castelán. O alumno poderá redactar os seus informes, traballos ou presentacións en castelán, galego ou inglés. - As notas obtidas na avaliación continua ou nos exames finais só son válidas para o curso académico actual. - Non se permite o uso de libros, notas ou dispositivos electrónicos como teléfonos ou computadores en ningún exame. Os teléfonos móbiles deben apagarse e estar fora do alcance do alumno. - En caso de detección de plaxio nalgún dos traballos/probas realizadas a cualificación final da materia será de "suspenso (0)" e os profesores comunicarán á dirección da escola o asunto para que tome as medidas que considere oportunas. |