Para aqueles alumnos que opten pola avaliación continua. Catro probas puntuables: 10% a primeira, 15% a segunda, 15% a terceira, e 60% a cuarta. As tres primeiras realizaranse aproximadamente nas semanas 5, 9, e 14.
Os resultados daranse a coñecer nun tempo razoable desde
a súa realización. Estas probas non son recuperables, é dicir, se un alumno
non pode realizalas no momento en que teñan lugar, os profesores
non teñen obrigación de repetilas. En cada proba puntuable avaliaranse
conceptos expostos na materia desde o seu inicio ata
a semana anterior á súa realización, inclusive. A cuarta proba puntuable será unha versión reducida do exame que realizarán quen non opten por avaliación continua. Para aqueles alumnos que non opten pola avaliación continua. Exame final: 100% Consideraranse presentados á convocatoria todos os alumnos que se presenten a unha calquera das probas (xa sexan probas puntuables ou exame final). Considerarase que opta pola avaliación continua o alumno que se presente a unha calquera das probas puntuables. Considerarase que opta pola avaliación única o alumno que só se presente ao exame final. Os alumnos que así optasen pola avaliación continua e non aprobasen a materia recibirán a cualificación de "suspenso" independentemente de que se presenten ao exame final ou non. A nota dos 3 primeiros puntuables consérvase para a convocatoria de recuperación, pero non para cursos posteriores. No exame da convocatoria de recuperación os alumnos que optasen pola avaliación continua poderán elixir se desexan manter a nota obtida nas probas puntuables ou ser reavaliados no exame final sobre o 100% da nota total. |