O obxectivo desta materia é estudar, a partir das ferramentas propias da análise económica, unha das intervencións públicas máis relevantes para as empresas: a política de competencia. Abordarase a política de competencia desde un punto de vista económico co obxectivo de que os alumnos sexan capaces de analizar os casos prácticos de competencia empregando as ferramentas teóricas básicas, as cales se exporán nas clases maxistrais. Ademais, examinaranse casos reais resoltos polas autoridades de competencia..