Nas clases teóricas semanais de dúas horas de duración, exporase de maneira resumida os principais contidos dos distintos temas. Para un adecuado seguimento destas clases é necesario que os alumnos preparen con antelación e de maneira individual os distintos temas utilizando os manuais da bibliografía recomendada
Resolución de problemas e/ou exercicios
Resolución en clase de follas de problemas que os alumnos terán que resolver previamente.
Prácticas en aulas de informática
Clases prácticas en aulas de computador nas que os alumnos aprenderán a manexar bases de datos en follas de cálculo e a extraer información relevante dos datos.
Universidade de Vigo
|
Rectorado |
Campus Universitario |
C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) |
España |
Tlf: +34 986 812 000