O alumnado poderá consultar as fontes de información que considere necesarias para o desenvolvemento das prácticas, sendo de especial utilidade as recomendacións realizadas nas diferentes materias cursadas no máster. Tanto a coordinadora de prácticas como o seu titor académico estarán á súa disposición durante o período de realización da práctica para aconsellar máis fontes documentais en caso de que as solicite. No enlace http://multitrad.webs.uvigo.es/sites/default/files/u13/mtm-empresas-e-instituciones-colaboradoras.pdf podes encontrar un listado exhaustivo das empresas e institucións que colaboran co máster. |