Actividades introdutorias |
Haberá unha sesión introdutoria ao conxunto da materia, de dúas horas de duración, con delimitación dos seus contidos, métodos, probas a realizar, textos que deben ler os alumnos, etc. |
7 |
A1 A2 A5
|
B4 B6 B8
|
C3 C6 C9
|
D2 D8 D10 D11 D12
|
Sesión maxistral |
A docencia centrarase na análise detallada e exhaustiva de trece núcleos conceptuais, dos que se irán derivando calas noutros asuntos adxacentes. En cada unha destas sesións ofrecerase un conxunto de exercicios a realizar polo alumnado, tan presencial como semi-presencial. Estes exercicios que serán comentados polo docente na segunda sesión semanal da materia serán un dos elementos centrais da avaliación. O alumnado semi-presencial deberá realizar igulamente estes exercicios que lle serán subministrados e comentados e corrixidos polo docente por calquera vía de comunicación telemática, nomeadamente o correo electrónico. |
33 |
A1 A2 A5
|
B4 B6 B8
|
C3 C6 C9
|
D2 D8 D10 D11 D12
|
Traballos e proxectos |
Como colofón das actividades da materia o alumnado, tanto presencial como semipresencial, deberá presentar un texto escrito de autoría individual e comentado, segundo o método que será acordado ao longo do curso.
Unha avaliación positiva neste apartado será conditio sine qua non para aprobar a materia. |
40 |
A1 A2 A5
|
B4 B6 B8
|
C3 C6 C9
|
D2 D8 D10 D11 D12
|
Na avaliación de xullo, o alumnado, tanto presencial como semipresencial, deberá comparecer con todos os exercicios do curso realizados así como co o traballo final. Non haberá unha proba escrita da materia e poderá empregar a data oficial do exame, que aparecerá nos anuncios oficiais da Facultade, como hora e lugar para a entrega definitiva dos exercicios e traballo mencionados. |