Outros comentarios e avaliación de Xuño e Xullo
• Non se poderá obter a cualificación de aprobado se além de ter feito a presentación oral na aula e ter entregado na data o traballo tutelado escrito, non se apresenta un portafolio final docente que contenga
o a) biografía académica,
o b) selección de tres probas de entre os debates, exercicios e resolucion de problemas e
o c) autoevaluación da aprendizaxe.
• A entrega do traballo tutelado programarase para a primeira semana de decembro.
• As presentacións orais terán lugar última semana de marzo.
• As partes da avaliación definidas como "participación en debates", "exercicios, actividades e problemas" deberán entregarse na semana seguinte à que forana presentados na aula.
• As alumnas e alumnos, tanto de réxime presencial como semipresencial, que non alcancen o aprobado en maio co sistema arriba exposto poderán presentarse a exame no mes de xuño . O día do exame deberán facer entrega do portafolio, do traballo tutelado e realizar unha presentación oral. O alumnado que non alcance o aprobado en xuño poderá presentarse a exame en xullo, na data oficial correspondente, nas mesmas condicións que rexen para o exame de xuño.
• Penalizaranse os erros de expresión (ortografía, puntuación, incoherencias sintácticas, uso inadecuado do léxico, etc.). No caso de que se detecte copia ou plaxio nalgunha proba, esta non se puntuará.
• O alumnado erasmus interesado en cursar a materia deberá ter presente que resulta altamente recomendable ter un nivel de lingua española e galega igual ou superior a B2.
• O alumnado que se atope no caso de ter aprobadas parte das probas poderá conservar as cualificacións desas partes, previo acordo coa profesora, nas oportunidades de xuño e xullo.
|