·
Non se poderá obter a cualificación de aprobado se
além de ter feito a presentación oral na aula e ter entregado na data o traballo
tutelado escrito, non se apresenta un portafolio final docente que contenga
o a) biografía
académica, o b) selección de
tres probas de entre os debates, exercicios e resolucion de problemas e o c) autoevaluación
da aprendizaxe. ·
A entrega do traballo tutelado programarase para a
primeira semana de outubro ·
As presentacións orais terán lugar última semana de decembro. ·
As
partes da avaliación definidas como "participación en debates",
"exercicios, actividades e problemas" deberán entregarse na semana
seguinte à que forana presentados na aula. ·
As alumnas e alumnos, tanto de réxime presencial como
semipresencial, que non alcancen o aprobado en maio co sistema arriba exposto
poderán presentarse a exame no mes de xuño . O día do exame deberán facer
entrega do portafolio, do traballo tutelado e realizar unha presentación oral.
O alumnado que non alcance o aprobado en xuño poderá presentarse a exame en
xullo, na data oficial correspondente, nas mesmas condicións que rexen para o
exame de xuño. ·
Penalizaranse os erros de expresión (ortografía,
puntuación, incoherencias sintácticas, uso inadecuado do léxico, etc.). No caso
de que se detecte copia ou plaxio nalgunha proba, esta non se puntuará. ·
O alumnado erasmus interesado en cursar a materia
deberá ter presente que resulta altamente recomendable ter un nivel de lingua
española e galega igual ou superior a B2.
- No dia da do exame os alumnos semipresenciais e os que non acabaran a nota de aprobado na evaluación continua deberán entregar o portafolio e facer a presentación oral.
|