Probas de resposta longa, de desenvolvemento |
Nesta proba o alumnado haberá de contestar a dous tipos de preguntas:
a) proba práctica: consistente na elaboración dun comentario literario completo dalgunha das obras analizadas nas sesións presenciais (no caso do alumnado que siga a avaliación continua) ou de calquera das lecturas obrigatorias do programa (para quen opten por avaliación única) e/ou unha ou varias cuestións de carácter práctico acerca de aspectos que o alumnado ha de contemplar sobre un texto literario (análise métrica, retórica, etc.).
b) desenvolvemento dun tema, de acordo cos contidos da guía docente expostos e elaborados nas sesións presenciais.
Para aprobar a materia han de superarse ambas as probas (teórica e práctica) do exame. |
70 |
A1 A2 A5
|
B1 B2 B5 B7
|
C3 C6 C9
|
D6 D8 D9 D10 D11 D12
|
Resolución de problemas e/ou exercicios |
Nas clases prácticas o alumnado ha de realizar probas obrigatorias consistentes na aplicación de coñecementos sobre un texto literario, ben sexa de contido (para verificar a correcta comprensión das obras de lectura obrigatoria), como de diferentes aspectos expostos nas clases teóricas: métrica, retórica, etc. Terase en conta non só a correcta realización, senón tamén a corrección lingüística e a exposición oral. Será obrigatorio para o alumnado que opte pola avaliación continua haber realizado polo menos dous exercicios deste tipo ao longo do cuadrimestre. |
20 |
A1 A2 A5
|
B1 B2 B5 B7
|
C3 C6 C9
|
D6 D8 D9 D10 D11 D12
|
En primeira edición de actas o alumnado ten dereito a elixir
entre avaliación continua ou avaliación única, e a cualificación
final, así como a tipoloxía das probas, resultará da aplicación
do arriba exposto: así, na avaliación única, o exame, que será
diferente e dará conta de todo o temario oficial, equivalerá
ao 100% da cualificación. Terá lugar en data fixada pola Xunta
de Facultade. Pola contra, para a segunda edición
das actas (mes de xullo, en data oficial fixada pola Xunta de Facultade),
así como para as posteriores convocatorias
extraordinarias, tan só haberá a posibilidade de avaliación única, a través dun
exame que combinará probas prácticas (especialmente
comentarios literarios de textos extraídos das lecturas obrigatorias)
e preguntas de carácter teórico. Lémbrase a
importancia, tanto para o exame escrito como para a entrega dos
traballos nas horas prácticas, da corrección lingüística. Así mesmo, a copia ou plaxio total
ou parcial en calquera tipo de proba levará a cualificación cun
cero. Alegar descoñecemento do que supón un plaxio non eximirá das
responsabilidades derivadas neste aspecto. |