1. Primeira edición das actas. Dúas modalidades de avaliación: a. A avaliación continua (a descrita máis arriba) que inclúe un exame teórico-práctico que se realizará na data oficial establecida pola FFT (40% da nota). b. Á parte da avaliación continua, o alumnado ten a posibilidade de optar polo sistema de avaliación única, consistente na realización dun único exame teórico e práctico (70% da nota) sobre todos os contidos da materia, que se realizará na data oficial establecida pola FFT, e na elaboración dun traballo tutelado (30% da nota) que se entregará o mesmo día do exame oficial . Ao alumnado que opte polo sistema de avaliación continua recoméndaselle a asistencia regular ás aulas. 2. Segunda edición das actas (xullo):O alumnado terá só opción á avaliación única, consistente na entrega do traballo tutelado (30% da nota) e na realización dun exame teórico sobre os contidos da materia (70% da nota). Importante: Sexa cal for a modalidade de avaliación e a convocatoria, é preciso participar en todas as probas propostas en cada caso. O alumnado que opte pola modalidade de avaliación única, en calquera das dúas edicións das actas, deberá acordar o tema do seu traballo co profesor con antelación suficiente (mínimo dous meses antes da data de entrega). É responsabilidade do alumnado contactar co profesor para marcar o tema do traballo. Modalidade semipresencial. O alumnado en réxime de semipresencialidade poderá consultar os materiais e as prácticas a través da plataforma FAITIC, onde se irán colocando paulatinamente. Haberá sesións quincenais de titoría, ás que é conveniente que asistan para un mellor seguimento do curso. A avaliación do alumnado semipresencial, que tamén poderá optar entre avaliación única ou continua, será a mesma que para o alumnado presencial. |