A copia ou plaxio total ou parcial en calquera tipo de traballo ou exame suporá un cero nesa proba. Alegar descoñecemento do que é o plaxio non eximirá o alumnado da súa responsabilidade nesta cuestión.
A avaliación terá en conta non só a pertinencia e calidade do contido das respostas senón tamén a súa corrección lingüística.
Recoméndase o manexo frecuente de fondos e recursos da biblioteca.
É responsabilidade do alumnado consultar os materiais e as novidades da materia a través da plataforma Faitic así coma de coñecer as datas nas que terán lugar as correspondentes probas de avaliación.
Os estudantes de intercambio deben posuír un nivel B2 de galego para o adecuado seguimento da materia.
Os mencionados comentarios e recomendacións hanse de aplicar ao alumnado semipresencial. |