Esta materia aborda a estruturación e organización do léxico galego así como a lexicografía e fraseoloxía galegas. A partir de aquí o alumno estuda as unidades léxicas e os campos léxicos, as relacións paradigmáticas e sintagmáticas de significados, a sinonimia, homonimia e polisemia, a elaboración e tipos de dicionarios galegos, e as unidades fraseolóxicas do galego coas súas propiedades e características.