Resolución de problemas e/ou exercicios de forma autónoma |
O docente terá titorías individualizadas ou en pequeno grupo cando así o requira o alumnado en canto ás directrices que debe seguir na resolución de actividades ou nos comentarios dos erros cometidos nas prácticas que se manden entregar como parte da avaliación.
Para o ALUMNADO SEMIPRESENCIAL realizaranse tres sesións presenciais, tipo SEMINARIO, distribuídas ó longo do cuadrimestre (provisoriamente últimas semanas de febreiro, marzo e abril), co fin de que o alumnado poida solucionar dúbidas e solicitar explicacións sobre puntos concretos do temario. Así mesmo será atendido en horas de titoría vía e-mail na maior rapidez posible. |
|