Resolución de problemas e/ou exercicios de forma autónoma |
O docente entregará actividades en que se formulan problemas e /ou exercicios relacionados con contidos da materia, que complementan as leccións maxistrais. Préstase especial atención á
transcrición e ó comentario fonéticos de textos de diferente tipo e rexistro. Naqueles casos en que
o profesor entregue previamente os exercicios, recoméndase que o/a alumno/a os traia traballados. O profesor dará indicación daqueles que son avaliables.
Para o ALUMNADO SEMIPRESENCIAL o profesor colgará no Faitic ou fará chegar vía e-mail estas actividades e deixará un tempo prudencial para a súa resolución. Despois, enviaranse as solucións para a súa autocomprobación. |
Eventos docentes e/ou divulgativos |
Son horas dedicadas polo alumnado a acudir a conferencias, charlas, exposicións, mesas redondas,
debates etc. realizados por relatores/as de prestixio, que permiten afondar ou complementar os
contidos da materia. Poden ser fóra do horario escolar. |