Traballos tutelados |
Dende o primeiro día de aulas, o docente fornecerá indicacións precisas para poder desenvolver o traballo. Ó longo do curso, atenderanse, tanto na aula coma no despacho nas horas de titoría, as consultas individuais que haxa verbo da súa elaboración.
O ALUMNADO SEMIPRESENCIAL poderá realizar as consultas sobre a elaboración do traballo a través da plataforma Faitic ou do correo electrónico. Se for preciso, farase algunha sesión presencial, tipo seminario. |
|