Seminarios |
Posta en común das lecturas ou das traducións. O alumnado deberá participar activamente, presentando as conclusións do seu traballo e discutindo as dos compañeiros. |
Outros |
Estudar materiais didácticos. Ler obras literarias. Ler bibliografía especializada. Facer traducións. Facer consultas ó profesor. Buscar materiais nunha biblioteca. Buscar materiais en Internet.
O traballo persoal dos alumnos, tanto presenciais como semipresenciais, ten como complemento e guía unha páxina en "Faitic". Nela, os alumnos poden encontrar o seguinte:
1) Material teórico e práctico para estudar e practicar todos os aspectos tratados nas clases:
1a - Apuntamentos teóricos e cadros sobre todas as cuestións gramaticais.
1b - Vocabularios e exercicios para facer por escrito.
1c - Exercicios para facer no ordenador.
2) Cuestionarios de autoevaluación.
3) Unha "bitácora" na que se irá indicando, semana a semana, qué se explicou e traballou nas clases, qué se recomenda estudar, ler e practicar para esa semana, e qué material (con hipervínculos ós contidos da bitácora) se debe utilizar. |