Sesión maxistral |
Valorarase a asistencia e participación activa nas clases maxistrais, sempre e cando esta asistencia sexa máis do 80% delas.
Para o ALUMNADO SEMIPRESENCIAL este 5% da nota sumarase no apartado "Resolución de problemas ou exercicios". |
5 |
A1
|
B7
|
C2 C5 C8
|
D5 D11
|
Probas de resposta curta |
Realizarase unha proba escrita, na última semana de curso sobre os contidos teórico-prácticos da materia. Existe a posibilidade de realización dun exame parcial previo, liberador de materia, que tería lugar provisioramente na segunda semana de marzo. O alumnado de avaliación única realizará un exame escrito único na data do calendario oficial de EXAMES DE MAIO que dispoña a Facultade. O ALUMNADO SEMIPRESENCIAL, segundo o sistema polo que opte, poderá facer tamén exames parciais ou un único exame final, sempre de xeito presencial, na mesma data có resto do alumnado. |
65 |
A1 A2
|
B4 B7 B9
|
C1 C2 C5 C8
|
|
Existen dous sistemas de avaliación da materia: a) Avaliación continua, para o alumnado que asista regularmente ás clases presenciais e realice e entregue as tarefas de avaliación indicadas polo profesor en tempo e forma; no caso do alumnado semipresencial só debe realizar e entregar as tarefas de avaliación indicadas en tempo e forma. A puntuación final obterase da suma das porcentaxes das puntuacións expresadas arriba. De non superar algunha das actividades que se avalían, o profesor poderá mandar repetilas. En todo caso, na convocatoria de maio, o alumno polo menos deberá ter entregado o Traballo obrigatorio sobre interferencias (última semana de abril) e ter aprobado o apartado "Probas de resposta curta", exame que se realizará provisoriamente na última semana das clases, coa posibilidade dun exame parcial liberatorio de materia provisoriamente na segunda semana de marzo. Na convocatoria oficial de xullo, o/a alumno/a deberá repetir o exame escrito e no seu caso ter entregado o Traballo obrigatorio sobre interferencias. Se por causa xustificada algún alumno/a non pode cumprir a condición de asistencia ás clases, deberá comunicarllo ó docente, quen poderá habilitar outras actividades compensatorias. No caso de que o/a alumno/a renuncie á avaliación continua ou incumpra as condicións esixidas pasará a ser avaliado polo sistema b) de "Avaliación única". b) Avaliación única. O alumnado que non opte polo sistema de "avaliación continua", para superar a materia na convocatoria de maio deberá examinarse sobre todos os contidos da materia nun exame final único escrito (8 p.) que se realizará no día que dispoña o calendario oficial de exames da Facultade e ter realizado e entregado o Traballo obrigatorio sobre interferencias (2 p.). En caso de non superar ese exame ou o Traballo obrigatorio, o/a alumno/a deberá volver examinarse por medio doutro exame escrito e a entrega do Traballo na convocatoria de xullo na data que dispoña a Facultade. Os/as alumnos/as que opten por este sistema poderán asistir ás aulas e ser atendidos nas titorías cando o solicitaren. |