O sistema de avaliación seguido nesta materia respecta o establecido nos Estatutos da Universidade de Vigo no relativo aos dereitos e deberes do alumnado. Xa que logo, o alumando ten dereito a ser avaliado dúas veces por curso académico, segundo o procedemento que se especifica nesta guía docente. O alumnado que se encontre en situacións excepcionais que poidan ser documentadas, como as de embarazo, enfermidade ou lesión, ou que compaxine a vida universitaria coa actividade laboral, ten dereito a recibir unha consideración especial, polo que estas situacións deberán ser notificadas na primeira semana do curso ou no momento en se produzan para que a docente poida adoptar as medidas oportunas.
As metodoloxías descritas no cadro anterior e as porcentaxes asignadas a cada unha delas aplícanse á primeira oportunidade de avaliación no réxime de avaliación continua. As metodoloxías e porcentaxes correspondentes á avaliación única e á segunda oportunidade de avaliación son as especificadas máis adiante neste mesmo apartado.
PRIMEIRA OPORTUNIDADE DE AVALIACIÓN (MAIO):
O sistema de avaliación aplicado na primeira oportunidade de avaliación correspóndese co sistema de avaliación continua. O sistema de avaliación continua non esixe asistencia ás clases, o que permite que todos os estudantes matriculados teñan as mesmas condicións na primeira oportunidade de avaliación.
Esixencias do sistema de avaliación continua:
- Deixar constancia por escrito a través da plataforma TEMA da vontade de acollerse á modalidade de avaliación continua na primeira semana do curso.
- Entregar dentro do prazo establecido o 80% das tarefas encomendadas ao longo do curso, incluídas aquelas que non teñen peso na cualificación final. Dentro dese 80% inclúense obrigatoriamente as seguintes:
a) Traballo tutelado sobre o libro de lectura. Data límite de entrega: 15 de marzo de 2017.
b) Proxecto de tradución directa. Data límite de entrega: 18 de maio de 2017.
c) Proba teórica de resposta curta sobre os contidos mínimos esixidos*. Data de realización: 2ª sesión de clase da semana do 20 ao 24 de febreiro.
d) Proba práctica de tradución directa. Data de realización: Última sesión do curso na primeira semana de maio.
Para o desenvolvemento das probas teórica e práctica non se permite o uso de apuntamentos nin de medios telemáticos.
Os estudantes teñen dereito, se o solicitan, a un xustificante documental que acredite terse presentado á proba ou exame. Aquela persoa que por enfermidade, lesión ou calquera outro impedimento temporal, fidedignamente demostrado, non poida efectuar un exame ou unha proba parcial, terá dereito a ser examinado noutra data.
Criterios de avaliación empregados no sistema de avaliación continua:
Os criterios de avaliación aplicados a cada traballo ou proba explicaranse nas clases e publicaranse en FAITIC para que todo o alumnado matriculado na materia poida acceder a eles.
De maneira xeral, en calquera das probas, traballos ou exercicios, obterán a cualificación de suspenso aqueles alumnos que:
- Cometan máis de dúas faltas de ortografía.
- Incurran en plaxio total ou parcialmente.
- Incumplan as instrucións proporcionadas para a realización e entrega do exercicio ou proba.
- Cometan un contrasentido (aplicable ás traducións).
EXCEPCIONALMENTE, PODERÁ ACORDARSE COS ESTUDANTES QUE NON SUPERASEN UNHA PARTE CONCRETA DA MATERIA O MECANISMO OPORTUNO PARA RECUPERAR ESA PARTE NA SEGUNDA OPORTUNIDADE DE AVALIACIÓN.
Que ocorre se non quero acollerme ao sistema de avaliación continua?
O estudantado que deixase constancia por escrito a través de FAITIC durante a primeira semana do curso da súa vontade de non acollerse ao sistema de avaliación continua, perderá o dereito á avaliación continua e formativa, mais terá dereito a realizar un exame na data oficial fixada polo Decanato, que constará das seguintes probas (indícase o peso de cada proba dentro do exame entre parénteses):
1. Proba teórica sobre os contidos mínimos esixidos*. (30%) Para aprobar esta parte da proba será obrigatorio responder correctamente 7 preguntas de 8.
2. Proba sobre o libro de lectura obrigatoria: o estudante deberá reflexionar brevemente sobre os aspectos do libro que se lle indiquen e relacionalos cos contidos do curso. A proba desenvolverase en calquera dos idiomas da combinación lingüística da materia (10%).
3. Proba práctica de tradución dun texto breve (de arredor de 300 palabras) do inglés cara ao español (60%).
Para desenvolver este exame non se permite o uso de apuntamentos nin medios telemáticos. Os estudiantes teñen dereito, se o solicitan, a un xustificante documental que acredite terse presentado á proba ou exame. Aquela persoa que por enfermidade, lesión ou calquera outro impedimento temporal, fidedignamente demostrado, non poida efectuar un exame ou unha proba parcial, terá dereito a ser examinado noutra data.
Neste exame obterán a cualificación de suspenso aqueles alumnos que:
- Cometan dúas faltas de ortografía.
- Cometan un contrasentido (aplicable ás traducións).
- Incurran en plaxio total ou parcialmente.
SEGUNDA OPORTUNIDADE DE AVALIACIÓN (XULLO):
PARA SUPERAR A MATERIA NA SEGUNDA CONVOCATORIA, OS ESTUDANTES DEBERÁN APROBAR UN EXAME, QUE SE CELEBRARÁ NA DATA OFICIAL PREVISTA POLO DECANATO DO CENTRO E QUE CONSTARÁ DAS SEGUINTES PROBAS (indícase o peso de cada proba dentro do exame entre parénteses):
1. Proba teórica sobre os contidos mínimos esixidos*. (30%)
2. Proba sobre o libro de lectura obrigatoria: o estudante deberá reflexionar brevemente sobre os aspectos do libro que se lle indiquen e relacionalos cos contidos do curso. A proba desenvolverase en calquera dos idiomas da combinación lingüística da materia (10%).
3. Proba práctica de tradución dun texto breve (de arredor de 300 palabras) do inglés cara ao español (60%).
Para desenvolver o exame de segunda convocatoria non se permite o uso de apuntamentos nin medios telemáticos. Os estudiantes teñen dereito, se o solicitan, a un xustificante documental que acredite terse presentado á proba ou exame. Aquela persoa que por enfermidade, lesión ou calquera outro impedimento temporal, fidedignamente demostrado, non poida efectuar un exame ou unha proba parcial, terá dereito a ser examinado noutra data.
En calquera das probas obterán a cualificación de suspenso aqueles alumnos que:
- Cometan máis de dúas faltas de ortografía.
- Cometan un contrasentido (aplicable ás traducións).
- Incurran en plaxio total ou parcialmente.
PARA SUPERAR A MATERIA SERÁ NECESARIO OBTER, COMO MÍNIMO, A CUALIFICACIÓN DE APROBADO TANTO NA PARTE TEÓRICA COMO NA PARTE PRÁCTICA, SEXA CAL FOR A CONVOCATORIA E O SISTEMA DE AVALIACIÓN ELIXIDO.
*CONTIDOS TEÓRICOS MÍNIMOS ESIXIDOS:
1. Diferenzas entre coñecemento xeral e especializado.
2. Características dos textos especializados.
3. A comunicación científica: obxectivos, fins e axentes.
4. Diferenzas entre textos científicos e textos técnicos.
5. O método científico.
6. Metas da linguaxe científica.
7. Elementos e características do estilo científico-técnico.
8. Notación científica e unidades de medida.