É responsabilidade do alumnado consultar os materiais e as novidades a través da plataforma *FAITIC e de estar ao tanto das datas de entrega de traballos, probas, etc. AVALIACIÓN CONTINUA 1- O alumnado deberá informar o profesorado nas dúas primeiras semanas de clase a súa decisión de acollerse á avaliación continua ou non. Para esta recoméndase a asistencia continuada a clase. 2- Aquelas persoas que por motivos de traballo ou familiares non poidan asistir ás clases, deben comunicalo persoalmente á profesora para que esta tome as medidas compensatorias para facilitar a conciliación laboral e familiar. 3- O non entregar algún dos dous encargos ou non realizar algunha das dúas probas implicará a perda do dereito á avaliación continua e a anulación de todas cualificacións obtidas anteriormente.Terá entón que presentarse á convocatoria única 4- O alumnado que se acolla á avaliación continua e obteña unha cualificación de suspenso deberá presentarse á convocatoria extraordinaria de xullo na data publicada polo decanato. AVALIACIÓN ÚNICA E CONVOCATORIA OFICIAL DE XULLO A convocatoria única de maio e a extraordinaria de xullo constará de dúas traducións dunhas 500 palabras *aprox. cada unha, para cada unha das partes do temario (textos económicos e textos administrativos). É necesario aprobar ambas as traducións para obter a media. A copia ou o plaxio serán penalizados coa cualificación de 0 que contará para realizar as medias. |