Esta materia ten como obxectivos fundamentais:
a) Formar na práctica da tradución directa entre a segunda lingua estranxeira (Idioma II, francés) e o galego de textos do ámbito administrativo e económico.
b) Perfeccionar os procedementos e técnicas da tradución especializada e analizar as dificultades que presenta a tradución administrativo económica.
c) Mellorar o coñecemento e comprensión dos conceptos básicos de economía e das administracións dos estados nos que ambas as linguas son oficiais.