Sesión maxistral |
As sesións maxistrais dedicaranse a explicar os contidos máis teóricos da materia, como a
descrición do mercado da tradución do alemán ou a terminoloxía especializada de tradución, así como contidos teóricos fundamentais para desenvolver as tarefas prácticas, como aspectos
contrastivos morfosintácticos, estilísticos e pragmáticos entre as dúas culturas e linguas. Malia estaren no apartado de sesións maxistrais, as clases serán de índole participativo e estarán apoiadas por un soporte práctico. |
Eventos docentes e/ou divulgativos |
Prevese a asistencia a eventos divulgativos como conferencias ou presentacións de programas de estudo, segundo a programación das actividades da facultade. |
Resolución de problemas e/ou exercicios |
Realizaranse exercicios de tradución, que tentarán reproducir situacións reais, e exercicios de resolución de problemas (dificultades de tradución). Despois da presentación da base conceptual e
procedimental nas sesións maxistrais, nas horas presenciais farase o traballo previo de análise. A seguir, o alumnado preparará as tarefas pola súa conta. Finalmente, e de novo nas horas presenciais, farase a posta en común e corrección dos resultados. Esta parte terase en conta na avaliación continua. |
Prácticas en aulas de informática |
A resolución dos exercicios, o traballo previo para a tradución (traballo documental), así como a tradución e a corrección, o traballo de aprendizaxe
dalgunhas ferramentas básicas para a tradución faranse nas aultas de informática con acceso a internet. |
Traballos de aula |
Consisten en exercicios que se desenvolverán na propia aula. Poden consistir, por exemplo, en
exercicios de resolución de problemas tradutivos ou de análise textual. |
Actividades introdutorias |
Actividades encamiñadas a tomar contacto e reunir información sobre o alumnado (farase un test de nivel de lingua alemá e de tradución), así como a presentar a materia. En especial, explicarase o sistema de avaliación, a bibliografía recomendada e a bibliografía de lectura obrigatoria. |