Esta materia ten por obxectivo ofrecer ao alumnado unha panorámica da tradución nos servizos culturais (inglés/galego). Centrarase nas necesidades de tradución en ámbitos como: xestión e tradución de patrimonios culturais, organización de eventos e publicidade. Especial dedicación se prestará a servizos que atendan a discapacidade: subtitulación para xordos e audiodescrición para cegos.