Avaliación continua Nas dúas primeiras semanas de clase o alumnado deberá comunicarlle ó docente
a súa intención de acollerse á avaliación continua. Proporanse fórmulas individualizadas para garantir que o alumnado que
non poida asistir regularmente ás sesións presenciais teña a
oportunidade de cursar a materia en réxime de avaliación continua. As competencias do alumnado serán avaliadas en función de tres metodoloxías diferentes:
a) Mediante a resolución de exercicios, baixo a forma de tradución de
encomendas (60% da nota final). A nota media dese bloque metodolóxico
calcularase a partir das 3 mellores notas das 5 encomendas. A primeira
encomenda de tradución deberá entregarse na última semana de setembro de 2016. A
segunda encomenda de tradución deberá entregarse na segunda semana de outubro
de 2016. A terceira encomenda de tradución deberá entregarse na primeira semana
de novembro de 2016. A cuarta encomenda de tradución deberá entregarse na terceira
semana de novembro de 2016. A quinta encomenda de tradución deberá entregarse na
segunda semana de decembro de 2016. b) Mediante o resultado das respostas achegadas durante a fase de traballo de
campo na saída de estudos (20% da nota final). No caso de que as circunstancias
impedisen o desenvolvemento da saída de estudos, a porcentaxe da nota final
correspondente a esta metodoloxía de avaliación (20%) transferirase para o
bloque de tradución de encomendas. Estas pasarían logo a representar o 80% da nota
final. c) Mediante a corrección da proba práctica na aula (20% da nota final). A
proba práctica en aula terá lugar na segunda semana do mes de decembro de 2016. Convocatoria da primeira edición de
actas (decembro de 2016) O alumnado que non se acolla á
avaliación continua poderá realizar un exame final e único fixado na data que sinale o calendario de exames da FFT. Este exame consistirá nunha tradución fr>gl con tempo limitado (2 horas). Esta proba representará o 100% da nota. A non ser
que o docente sinale o contrario, non se poderá empregar ningunha ferramenta
electrónica para a realización da proba. Convocatoria da segunda edición de
actas (xullo de 2017) O alumnado que obtivese unha cualificación
de suspenso nas probas da avaliación continua ou na convocatoria da primeira
edición de actas (decembro de 2016) deberá presentarse á convocatoria da
segunda edición de actas (xullo de 2017) que fixe o calendario oficial da Facultade. Este exame consistirá nunha tradución fr>gl con tempo limitado
(2 horas). Esta proba representará o 100% da nota. A non ser
que o docente sinale o contrario, non se poderá empregar ningunha
ferramenta
electrónica para a realización da proba. O plaxio ou copia cualificarase
cun 0, que computará para a nota final. O exercicio ou traballo que sexa
obxecto de copia ou plaxio non se poderá repetir. Os erros de lingua que
sobrepasen a proporción de tolerancia fixada polo docente durante o curso
provocarán o suspenso de calquera traballo ou exame realizado. |