Sesión maxistral |
Exposición por parte da profesora dos contidos teóricos da materia. |
Estudos/actividades previos |
O alumnado deberá ler os textos obrigatorios, tanto os teórico-críticos coma os diversos textos literarios, con antelación ás clases nos que se comentarán. O calendario de comentario dos textos obrigatorios estará publicado en Faitic antes do comezo das clases. O alumnado debe consultar este calendario e realizar a lectura do material con anterioridade á clase correspondente. |