A avaliación e conseguinte cualificación do
traballo do alumnado levarase a cabo cun procedemento de avaliación continua de acordo coas porcentaxes descritas máis
arriba. Os traballos de aula desenvolveranse semanalmente; as exposicións
desenvolveranse a partir do segundo mes do cuadrimestre e a proba escrita
realizarase na data fixada no
calendario de exames aprobado pola Xunta de FFT. O alumnado que suspenda
será examinado de toda a materia de acordo ao exposto máis abaixo, referente á
convocatoria de xullo. O alumnado que non se acolla ao sistema de
avaliación continua e escolla avaliación
única deberá realizar un exame escrito na data fixada no calendario de exames aprobado pola Xunta de FFT
sobre os contidos da materia e máis un traballo escrito extenso (superior a 15
páxinas) de carácter lingüístico ou cultural concertado co profesorado para
superala. Ambos polo 50% da nota, respectivamente. Tanto no caso da avaliación continua, como da
avaliación única, a nota do exame escrito non deberá ser inferior a 4 para
superar a materia. SEGUNDA
EDICIÓN DE ACTAS (XULLO): Exame teórico-práctico escrito dos contidos do
curso polo 100% da cualificación, que se realizará na data fixada no calendario de exames aprobado
pola Xunta de FFT. Para o alumnado que durante o curso se acolleu á
avaliación única este exame ten un valor do 50% da nota; este alumnado terá que
facer tamén un traballo escrito extenso (superior a 15 páxinas) de carácter
lingüístico ou cultural concertado co profesorado para superar a materia. Este
traballo ten un valor do 50% da nota. A nota do exame escrito non deberá ser
inferior a 4 para superar a materia. En calqueira das convocatorias de
exames, e tanto na modalidade de avaliación continua como única, o profesorado
pode esixir a realización dunha proba oral a aquel alumnado que, segundo o seu
criterio, requerira demostrar suficiente competencia oral na materia. Nestes
casos, a nota obtida nesta proba faría media coa do exame escrito (sempre que esta non
sexa inferior a 4, como se indicara anteriormente) e
respectando as porcentaxes fixadas máis arriba de 80 e 50 segundo trátese de
avaliación continua ou única. |