A avaliación e conseguinte cualificación do
traballo do alumnado levarase a cabo cun procedemento de avaliación continua de acordo coas metodoloxías e porcentaxes
descritas máis arriba. A proba escrita realizarase na mesma data que a fixada
no calendario de exames aprobado pola Xunta da FFT para a proba da avaliación única.
O alumnado que non se acolla ao sistema de avaliación continua e escolla avaliación única deberá realizar un
exame escrito sobre os contidos da materia, que se realizará na data oficial fixada no calendario aprobado pola Xunta da FFT, e máis outro oral noutra data
concertada co profesorado para superala. O primeiro cun valor do 80% e o
segundo cun valor do 20% da nota. Tanto no caso da avaliación continua, como da
avaliación única, a nota do exame escrito non deberá ser inferior a 4 para
superar a materia. SEGUNDA
EDICIÓN DE ACTAS (XULLO): Exame teórico-práctico escrito dos contidos do curso
polo 100% da cualificación, que se realizará na data fixada no calendario de exames aprobado pola Xunta de FFT.
Para o alumnado que durante o curso se acolleu á avaliación única este exame
ten un valor do 80% da nota; este alumnado terá que facer tamén unha proba oral
polo 20% da cualificación para superar a materia. A nota do exame escrito non
deberá ser inferior a 4 para superar a materia. A proba oral realizarase nunha
data concertada co profesorado. En calqueira das convocatorias de
exames, o profesorado pode esixir a realización dunha proba oral a aquel alumnado
da avaliación continua que, segundo o seu criterio, non demostrara suficiente
competencia na materia. |