PRIMEIRA EDICIÓN DE ACTAS O alumnado será avaliado mediante o sistema de avaliación continua
indicado arriba. A proba escrita terá lugar no período de exames na
data do calendario aprobada pola Xunta de Facultade. A presentación
individual terá lugar no período de exames na data acordada previamente
coa profesora. As datas de entrega dos exercicios acordaranse coa
profesora a principio do curso. Para aprobar a materia será
necesario entregar os traballos na
data requirida, e ter un mínimo de 4 na proba escrita final. As probas
non entregadas contarán como un cero. En caso de plaxio, a nota é de
suspenso. O alumnado que, por motivos xustificados, non poida
realizar a avaliación continua deberá falar coa profesora ao comezo do
curso. Nese caso, e só neste caso, poderán examinarse do 100% da materia
na 1ª edición de actas polo sistema de avaliación única. O exame
será de comprensión/expresión oral e escritura, cunha cualificación de
30% o oral, e 70% o escrito. É necesario aprobar as dúas probas (oral,
escrito) para poder superar a materia. O exame escrito terá lugar no
período de exames na data do calendario aprobada pola Xunta de
Facultade, e a proba oral tamén terá lugar no período de exames na data
acordada previamente coa profesora. SEGUNDA EDICIÓN DE ACTAS (xullo) Na
segunda edición de actas (xullo) haberá un exame de
comprensión/expresión oral e escritura polo 100% da cualificación para o
alumnado que non superara a materia na primeira edición. A
cualificación será de 30% o oral, e 70% o escrito. É necesario aprobar
as dúas probas (oral, escrito) para poder superar a materia. O exame
terá lugar no período de exames na data do calendario aprobada pola
Xunta de Facultade, e a proba oral tamén terá lugar no período de exames
na data acordada previamente coa profesora. Recoméndase o traballo continuado e a consulta frecuente dos medios de comunicación franceses. |